
ASEMBLEA DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS EN PARO
O 7 de Xuño do 2009 estábamos un grupo persoas reunidas nun bar esperando o resultado das Eleccións europeas, falabamos da crise que estamos a padecer os traballador@s, e preocupados da pouca resposta social que estaba tendo, decidimos nese momento formar unha comisión para convocar unha asemblea de tra-ballador@s en paro, fixamos un calendario de reunións para preparar a convocatoria
Na primeira xuntanza puxémonos a tarefa de facer unha táboa reivindicativa, que aínda que non fose definitiva,puxese de relevo que a reivindicación fundamental é o DERITO A UN TRABBALLO DIGNO NA NOSA TERRA. E así pouco a pouco fomos elaborando nas diversas xuntanzas a táboa.
A patronal aproveitando a coxuntura reclama precarizar os traballador@s (conxelación salarial, aumento da xornada, abaratamento do despido,)a o tempo que pide maiores axudas económicas para ela do estado. Todo isto nun ambiente de absoluta impunidade. Embolsáronse as axudas do estado sen crear ningún posto de traballo, seguiron a despedir en moitos casos de xeito colectivo por medio de ERES. Algunhas empresas despois de firmar un convenio de conxelación salarial por dous ou tres anos para os traballador@s subíronlle o salario de xeito considerábel os directiv@s…
Estamos polas DENEGACIÓN DOS ERES e DESLOCALIZACIÓÑS
Os Capitalistas confundindo as persoas co mercancías, aplicanos as leises do libre mercado cantos mais traballador@s almacenados( no paro) mais demanda de traballo mais barato lles sae ,mais beneficio quitan. Consideran que toda a sociedade debe de estar o servizo do seu peto
Lembrámonos de cómo o capital nos anos 80 reclamou con cobiza o pase das empresas publicas a propiedade privada esixíndolle o estado que rebaixara as plantillas de traballador@s obrigando a este a facer xubilacións anticipadas, xubilacións que seguiron unha vez privatizadas (Repsol, Tabacalera, Telefónica etc. ) o seu obxetivo foi reducir o máximo posíbel os costos sociais.
O desastre que supuxeron as privatizacións no mundo do traballo é moi cuantificabel,Por unha parte desestabilizarón as condicións laborais, unha vez desfeito deses traballador@s que despois de moitas loitas conseguiran un salario digno é unhas boas condicións laborais, contrataron os novos traballadores con contratos “Basura” o amparo da reforma do estatuto dos traballadores feita no ano 1984, e ademais reduciron moito o numero de postos de traballo,parécenos que xa é tempo de reclamar que paren as privatizacións e que RETORNEN A PROPIEDADE PUBLICA AS EMPRESAS PRIVATIZADAS.
A obsesión actual por aumentar a idade de xubilación unha medida lesiva para todos, entendemos que a xubilación e un dereito dos traballadores e neste momento o adiantar a idade de xubilación unha medida solidaria que crearía posto de traballo, por iso nos reivindicamos XUBILACIÓN OS 55 ANOS.
Outra medida totalmente sen sentido e o aumento da xornada laboral (sen sentido no senso de crear emprego, si ten sentido na idea de aumentar os beneficios o costa do que sexa). Se o obxectivo é crear emprego o que ai que reivindicar e a XORNADA LABORAL DE 35 HORAS é PROHIBOCION DAS HORAS EXTRAS
No ano 1994 cáenos enriba outra reforma do estatuto dos traballador@s que xunto coas medidas que aumentaron o marxee do poder empresarial no despido legalizáron as Empresas de Traballo Temporal fomentando o prestamismo laboral, e facendo pagar os traballador@s por traballar. Xa é ora de ILEGALIZAR AS EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL, E REMATAR COS CONTRATOS BASURA. E de que O DESPIDO IMPROCEDENTE OBRIGUE A READMISION
.
Coñecedores de que estar no paro xera unha situación de marxinalidade social po la perda de poder adquisitivo, e en moitos casos so nos podemos manter pola solidarizade de algún familiar reivindicamos UNHA PAGA IGUAL O 100% DO SALARIO MENTRES DURE O PERIODO DE PARO.
ABOLICIÓN DO INEM COMO UNHA SIMPLE OFICINA DE CONCESIÓNS DE AXUDAS. QUE XESTIONE O 100% DAS OFERTAS DE EMPREGO PRIVADAS E PUBLICAS, MEDIANTE RIGUROSA ANTIGUEDADE NO PARO.
QUE CESE TODO TIPO DE AXUDAS OS BANCOS E CAPITAL PRIVADO. ADICAR UNHA PARTIDA SUFICIENTE DE DIÑEIRO NOS PRESUPOSTOS XERAIS DO ESTADO PARA GARANTIR OS PAGOS DO PARO E DAS PENSIÓNS
E con esta plataforma reivindicativa puxémonos en marcha, o 16 de Outubro de 2009 convócamos a primeira asemblea de traballadores e traballadoras en paro , e dende aquela xa van catro.
Nas ultimas asembleas sumamos a estas algunhas reivindicaciòns de carácter municipal.
Queremos agradecer a CASA DAS ATOCHAS, a ASOCIACIÓN VECIÑAL DA AGRA DO ORZAN e ao CENTRO FONSECA o ternos deixado os locais para as reunións
A seguinte asemblea o 11 de febreiro as 18,30 na asociación veciñal da Agra do Orzan
Mais información en < asambleaparadoscorunha.blogspot.com >
Correo