martes, 12 de enero de 2010

Asamblea de parados convocatoria.


Convocase o 14 de xaneiro as 18:30 na asociaccion de Veciños do barrio Obreiro do Agra do Orzan a Asamblea de Parados da Cidade, para debatir Medidas e Accions.

Manifesto da Asamblea de parados da Corunha

ANTE A CRISE E O PARO: REPARTICIÓN DE TRABALLO


O paro segue medrando, os responsables da crise, os banqueiros, as multinacionais e os empresarios, seguen a recibir millóns de euros dos gobernos da Xunta e do Estado. diñeiro que sae dos nosos xuros
Mentres os traballador@s so recibimos , conxelación salarial, aumento da xornada laboral, deslocalizacións de empresas, EREs, peches patronais e despidos masivos; e decir, PARO, PARO e mais PARO.
Contra dista agresión, so nos queda organizarnos para reclamar xustiza social: que se reparta o traballo

1º- Xornada laboral de 35 horas, sen rebaixa do salario

2º- Jubilación os 55 anos

3º- Denegación dos EREs

4º- Que o despido improcedente obrigue a readmisión

5º- Prohibición das horas extras

6º- Polo retorno a propiedade publica dos servicios privatizados

7º- Ilegalización das empresas de traballo temporal

8º- Unha paga igual o 100% do salario mentres dure o periodo de paro

9º- Abolición do INEM como unha simple oficina de concesións de axudas. Que xestione o 100% das ofertas de emprego privadas e publicas, mediante rigurosa antiguedade nas listas do paro.